![](/template/termwiki/images/likesmall.jpg)
Home > Terms > 갈리시아어(GL) > ecosistema
ecosistema
Comunidade autorreguladora de plantas e animais que interactúan entre eles e co medio natural no que viven. Estes ambientes poden ser, por exemplo, selvas, pantanos, cordilleiras, lagos, ríos, desertos ou terreos nos que se practica a agricultura. Os ecosistemas son moi vulnerables ós cambios xa que a alteración dun dos compoñentes pode altera-lo equilibrio. Son tamén moi vulnerables á contaminación. Moitos dos ecosistemas desapareceron xa e outros están en risco de desaparición. Os bosques repartidos por todo o mundo albergan case a metade da biodiversidade mundial. Con todo, cada ano desaparecen o 0,8% dos bosques. A taxa anual de desaparición das selvas tropicais é do 4%.
0
0
향상